Entrega en As Pontes dos premios do campionato galego de inverno de Waterpolo

O presidente da Deputación de A Coruña e alcalde de As Pontes, Valentín González Formoso, participou o domingo 28 na piscina municipal da localidade na entrega de premios do campionato galego de inverno de waterpolo, que se celebrou esta fin de semana o municipio pontés.

Formoso felicitou aos máis de cen partipantes, chegados de diferentes puntos de toda Galicia para participar nesta importante cita deportiva “que reúne aos mellores clubs e deportistas do waterpolo galego”.

O presidente destacou as preto de 800 entidades deportivas que reciben cada ano o apopio da Deputación para promocionar o deporte de base na provincia e que contribúen “a inculcar na mocidade a importancia da práctica deportiva para unha vida sana, así como a importancia dos valores que se asocian ao deporte, como o traballo en equipo e a capacidade de superación”.

“Desde a Deputación e desde o Concello das Pontes, o noso recoñecemento a cada club, a cada deportista, a cada un dos que contribúen cada día co seu traballo a situar ao deporte da provincia da Coruña á vangarda do deporte galego”, afirmou o presidente.

Pola súa banda, o presidente da Federación Galega de Natación, Juan Carlos Brión, agradeceu “o apoio e a hospitalidade do Concello das Pontes, que puxo á nosa disposición unhas instalacións magníficas”.

Lea también

El Racing se estrena en Guadalajara este Viernes Santo

M.V.Los de Guillermo Fernández Romo visitan al CD Guadalajara en el Pedro Escartín este viernes …