A asociación veciñal Ancos e o Concello activan a campaña “Ningún nen@ sen xoguete”

A asociación de veciños Ancos, coa colaboración do Concello de Neda, porá en marcha a campaña “Ningún nen@ sen xoguete”. Unha iniciativa solidaria cuxo éxito depende da participación cidadá. Así, todos os veciños e veciñas que estean interesados en colaborar poden donar xoguetes e máis libros infantís no local social da entidade veciñal (lugar da Muchiqueira, 24, Neda) todos os sábados, de 12 a 13,30 horas a partires do 17 de novembro. E, o prazo, manteráse aberto ata o 15 de decembro. Dende a organización pídese que o material a entregar esté en bo estado.

A iniciativa promovida pola asociación de veciños en colaboración co Concello nace da complicada situación económica actual e co ánimo de axudar ás familias a que ningún neno nin nena quede sen xoguete, tal e como reza o lema da campaña.

Lea también

El VIDOC de la Policía Nacional regresa a Valdoviño para facilitar los trámites con el DNI y pasaporte

Los residentes de Valdoviño tendrán una nueva oportunidad para expedir o renovar su DNI o …