Ares pon en marcha o seu programa de compostaxe doméstica

O Concello de Ares fará entrega de composteiros nas vivendas unifamiliares que o soliciten. Os residentes nunha vivenda illada que conte cunha parcela ou horta dun mínimo 25m2 poden solicitalo, ben chamando ao teléfono do Concello 981 468102 ou ben a través do código QR que se habilitou para facer o trámite online.

O composteiro que se entregará, ten capacidade para 400 litros, debe situarse no exterior da vivenda, nunha zona sombreada e protexida das inclemencias meteorolóxicas, preferiblemente baixo unha árbore de folla caduca e en contacto directo coa terra para facilitar a entrada dos microorganismos descompoñedores.

A concelleira de Medio Ambiente, Lucía Blanco, contextualizou a iniciativa municipal, explicando que o obxectivo da compostaxe é que a autoxestión da materia orgánica se erixa como unha práctica habitual nas zonas máis dispersas, dadas as súas incuestionables vantaxes ambientais, económicas e sociais.

“Trátase, en definitiva, de recuperar unha tradición asentada no rural galego, como é a segregación dos restos orgánicos para alimento do gando e/ou elaboración de compost, pero dunha forma máis óptima, hixiénica, cómoda e eficiente”, sinalou e edil.

Lea también

Valdoviño procede al corte de tráfico de la carretera que discurre paralela al cauce del río San Vicente

Las intensas lluvias de los últimos días provocaron el desbordamiento del río San Vicente, en …