FeC acusa ao goberno local de falta de transparencia na tramitación da Ordenanza reguladora dos títulos habilitantes urbanísticos

Ferrol en Común a través dun comunicado informa que «está convocada este mércores 8 a Comisión Informativa de Urbanismo na que o goberno municipal ferrolano inclúe un punto no que dará conta do texto da Ordenanza Municipal de reguladora dos títulos habilitantes urbanísticos e das actividades»

«No informe xurídico indícase que se realizou unha consulta previa de 20 días, a contar dende o 9/08/23, a través da publicación na web do Concello da proposta de Ordenanza para que a cidadanía, organizacións e asociacións puideran participar e realizar achegas, unha cuestión que nos sorprende pois non se lle deu publicidade ningunha e pese a ser pregunta reiterada en Comisión, e mesmo mentres duraba ese período de consultas, en ningún momento se nos informou ou trasladou ese prazo aberto para achegas, nin se facilitou o texto da redacción pese a ser solicitado»

«Así mesmo, faise referencia a un proceso participativo e xuntanzas con diferentes colexios profesionais das que non temos ningunha constancia. Coma tampouco sabemos que técnicos foron os encargados da redacción, os cambios que introduce esta nova lexislación. Por último, o informe xurídico determina que a Ordenanza debe ser ditamitada pola Comisión Informativa, sen embargo o punto vén coma “dar conta”.

«Todos estes motivos indican unha falta absoluta de transparencia co resto dos grupos municipais e un escurantismo total de cara á aprobación dunha Ordenanza Urbanística, polo que solicitamos coñecer toda a información relativa a dita Ordenanza e que se abra un novo prazo de exposición pública con publicidade e transparencia» conclúen

Lea también

SAIC afirma que su proyecto en Ferrol salvaguardará «íntegramente» la seguridad nacional de España

SAIC, dueña de MG, confía en que la instalación de su planta de vehículos eléctricos …