A Deputación da Coruña viaxa a Irlanda para impulsar o Camiño Celta a Santiago

O presidente da Deputación da Coruña, Valentín González Formoso, o deputado Antonio Leira, e o presidente da Asociación de Concellos do Camiño Inglés, Manuel Mirás, viaxarán este xoves 21 e venres 22 de setembro a Irlanda para colaborar coas autoridades irlandesas en distintos actos de promoción do Camiño Celta.

Esta será a primeira viaxe oficial da Deputación coruñesa a terras irlandesas para estreitar lazos de colaboración coa República de Irlanda e as autoridades locais do país co fin de promocionar este Camiño en ambos países, tras máis dunha década de fructífera colaboración co Reino Unido na difusión do Camiño Inglés, a ruta xacobea que máis crece en número de visitantes nos últimos anos.

Camiño de Boyne Valley

O xoves, 21 de setembro, a delegación coruñesa encabezada por Formoso estará en Drogheda, unha das poboacións máis antigas de Irlanda que se atopa a uns 50 quilómetros ao norte da capital, Dublín, para coñecer o Camiño de Boyne Valley xunto coa alcaldesa da localidade, Eileen Tully; a directora do condado de Louth, Joan Martin e o director de Turismo de Irlanda, Mark Mohan.

O percorrido incúe unha caminata desde a abadía de Mellifont, a 2.580 km de Santiago, o primeiro mosteiro cristiano do país, fundado en 1142, así como visitas a distintos lugares da cidade vencellados ao Camiño como la igrexa de St. Peter, a Hihglanes Gallery ou a oficina de Turismo local.

Encontro co embaixador e sinalización do Camiño en Bray

O venres 22 de setembro, a axenda oficial inclúe un encontro co embaixador de España en Irlanda, Ion de la Riva Guzmán de Frutos e co conselleiro de Turismo da embaixada, Rubén Gómez-Pulido. Posteriormente, terá lugar a inauguración dunha mouteira que marca o Camiño de Santiago coa cuncha e a frecha amarela amarilla sobre fondo azul no paseo marítimo de Bray (Bray Coastal Camino é outra das nove rutas oficiais del Camiño Celta en Irlanda).

En Bray estarán Melanie Corrigan, presidenta do distrito municipal (alcaldesa), o xefe do executivo do Consello do Condado de Wicklow, Emer O´Gorman, e a presidenta do Consello do Condado de Wicklow, Aoife Flynn Kennedy. Haberá también representantes da Camino Society, a entidade que promociona o Camiño de Santiago en Irlanda.

Lea también

A Diputación da Coruña financia campañas de dinamización de comercio

A Deputación da Coruña financia con preto de medio millón de euros actividades de promoción …