Nun acto celebrado na Casa da Cultura de S. Sadurniño – no que estivo acompañado dos tamén candidatos Mercedes Tobío e Manuel Polo, así como polo alcalde, Secundino García –Fernando Branco fixo referencia aos aspectos económicos e fiscais que o BNG recolle no seu Programa Electoral, afirmando que » único xeito de enfrontar a crise do actual sistema é promover un novo marco de soberanía política e fiscal que permita ás institucións poñer o pais a producir, como defendemos no BNG desde sempre”.
O candidato número 4 por A Coruña engadíu ás referencias sobre a situación do naval o acontecido co plan eólico na nosa comarca «que supuxo o peche de moitas empresas mandando a centos de persoas ao desemprego ou á emigración”, derivado da suspensión do anterior plan eólico «nun acto calificado contrario a dereito por parte dos tribunais de xusticia»
Branco afirmou que «os únicos avances derivados da política do PP na comarca son os das listas do paro e a emigración”.
Aproveitou tamén para explicitar a posición do BNG na defensa dunha tarifa eléctrica galega “xa que non pode ser que un pais produtor e excedentario pague o mesmo que outros territorios do estado”; reiterando a idea de que a enerxía pode ser unha panca eficaz de desenvolvemento sustentábel para o conxunto da economía. «Precisamos unha política enerxética propia e por iso non podemos asumir a fraude tarifaria que está a producirse”, afirmou.
No mesmo acto, o candidato Manuel Polo asegurou que «Galiza precisa trocar o retroceso ao que o PP someteu ao rural e sector primario por unha política que parta da consideración deste sector estratexico, como fan todos os paises que queren avanzar”, indicando máis adiante que » o que está a acontecer co sector lácteo-con máis de 3000 explotacións agrarias e gandeiras pechadas – indica que tivemos un goberno que nen acredita no pais nenaposta pola xente”
A tamén candidata Mercedes Tobío fixo unha referencia ás políticas de retroceso e privatización que se están a viver no ámbito dos servizos básicos, indicando que “precisamente en tempos como o presente, o que hai que protexer é a cohesión social para todos os sectores sociais, especialmente os máis agredidos” explicitando a continuación “o BNG entende como prioridades unha sanidade, un ensino e uns servizos socias con orzamento suficiente”,para rematar dicindo que «os únicos recortes que admitimos son os dos privilexios dos grandes banqueiros e corporacións empresariais; que son os que provocaron a actual situación