A Biblioteca de Narón acolle a presentación do libro «El tren de la poesía» de Maite Gascón

 
A sala de usos múltiples da Biblioteca municipal do Concello de Narón acollerá este venres, día 9, ás 18.30 horas, o acto de presentación do libro “El tren de la poesía”, a primeira obra de Maite Gascón.
 
A edil en funcións de Ensino e Bibliotecas, Mercedes Taibo, explicou que a obra está inspirada nos autores e autoras da Xeración do 27. A firma “Diversidad literaria” edita este libro, especialmente orientado, tal e como indicou a autora, a espertar o gusto pola poesía entre os menores de entre 6 e 8 anos.
 
A autora ten pendentes de edición outros tres libros de poesía infantil e dous poemarios para persoas adultas. Taibo animou á veciñanza a acudir á convocatoria, con entrada libre ata completar a capacidade da sala.
 

Lea también

Søjē Polcæm inaugura no CIMIX de Narón a súa primeira exposición antolóxica

A concelleira de Turismo acompañou ao artista no acto de presentación. “Organismo Vivo” permanecerá aberta …