O Concello organiza o “Raid Cidade de Narón 2023” xunto co Club Gallaecia Raid

O Concello de Narón a través do Padroado de Deportes, organiza esta proba de longa distancia co Club Gallaecia Raid, que forma parte da Liga Galega de Raids de Orientación 2023, e na que se combinan como medio de progresión a carreira a pé, a bicicleta de montaña, os patíns e o kaiak.

A proba foi presentada este venres 2 no Concello polo concelleiro de Deportes en funcións, José Oreona Bra, e a vicepresidenta do Club Gallaecia e da Federación Galega, Claudia Oreiro Chapela, informando que a celebración deste evento deportivo terá lugar o sábado 10 de xuño de 2023, en horario de 10.00 a 19.00 horas e discorrerá por carreiros, pistas e estradas secundarias de baixa intensidade circulatoria dos concellos de Narón, Ferrol, Neda e Valdoviño.

O Raid Cidade de Narón 2023 trátase dunha carreira con base de orientación e resistencia, na que o percorrido é segredo para os participantes, os cales só coñecerán devandito percorrido cando se lles entregen os mapas, no momento da saída e nas diferentes transicións. A Secretaría e Centro de Competición estarán sitas no Paseo Marítimo de Xuvia.

Todas aquelas persoas que desexen participar poderán realizar as inscricións na plataforma Tracktherace e a data límite para formalizar dita inscrición será o día 6 de xuño ata as 22.00 horas.

A proba estará regulada pola normativa aplicable aos raids de orientación, aprobada pola Federación Galega de Orientación (FEGADO) e a Federación Española de Orientación (FEDO)

Lea también

Exponav inaugura en Ferrol ‘Fútbol por la Paz’, con más de un ciento de camisetas históricas de selecciones nacionales

La urbe naval es la primera de las ciudades gallegas en las que recala esta …