Olaia Ledo conversa coas veciñas da Gándara sobre políticas de igualdade no ámbito municipal.

A candidata á alcaldía polo BNG de Narón, Olaia Ledo, presentou as propostas do BNG en canto ás políticas de igualdade no Concello de Narón nunhas conversas nas que estaban presentas mulleres da Marcha Mundial de Mulleres da comarca de Ferrolterra, doutras entidades que loitan a prol dos dereitos das mulleres, e veciñas do concello de Narón. Todas elas nos falaron das moitas cousas que é preciso mellorar para chegar a unha igualdade real.

(Audio de Olaia Ledo)

“As políticas de igualdade deben ser transversais e máis na administración máis cercana, por iso a nosa idea de creación dun CIM no noso concello e da necesidade dunha técnica de igualdade”, comenta Olaia Ledo, cláusulas sociais de igualdade nas contratacións do concello e a atención aos coidados é algo primordial para nós, precisamos máis formación e información para chegar a conseguir unha igualdade real e efectiva que todas e todos nos merecemos, sobre todo as mulleres”.

Lea también

Ingresa en prisión tras agredir con una hoz a otro hombre en un asentamiento chabolista de Freixeiro, en Narón

Agentes de la Comisaría de Policía Nacional de Ferrol-Narón han detenido a un varón como …