A praza da Lectura acollerá mañá os actos do programa “N de Narón. A festa das letras”

O Concello de Narón celebrará mañá o Día das Letras Galegas coas actividades programadas en “N de Narón. A festa das Letras”. A programación coa que se conmemorará a data, adicada este ano ao escritor lucense Francisco Fernández del Riego, iniciarase ás ás 12.00 horas cun espectáculo musical de Brais das Hortas: “Consertasso na horta”. A continuación, ás 13.00 horas actuará Mamá Cabra, con temas do seu traballo “Ondamini”.

A programación retomarase pola tarde ás 17.00 horas coa actuación do Coro Peque Solidarium do Concello de Narón, integrado por menores de 6 a 11 anos. Ás 17.30 haberá un espectáculo de clown, con AsSircópatas, que traen á cidade “Rogelio, un pallaso en recuperación” e ás 18.30 comezará o concerto de Supermeiga.

As nenas e nenos que se acheguen á praza da Lectura poderán participar tamén ao longo do día nun obradoiro de imprenta ambulante a cargo de Alouette Machine, de 12.00 a 14.00 e dende as 16.30 ata as 19.30 horas e o público en xeral poderá visitar o espazo de lectura e libraría habilitado para a ocasión. Este ano contarán cun espazo propio as librarías naronesas Pasapáxina e Day e tamén asinarán libros a escritora Ana Meilán, de 13.00 a 14.00 horas e de 16.00 a 17.00, e o escritor Antón Cortizas, dende as 17.30 ata as 18.30 horas.

Lea también

Narón asina a adhesión ao sistema VioGen, para a protección das vítimas de violencia de xénero e doméstica

A alcaldesa da cidade, Marián Ferreiro, presidiu este venres 26 a Xunta Local de Seguridade …