O concello de Ferrol abre o prazo de inscrición para actividades extraescolares «Artellando»

A Concellería de Educación, que dirixe a edil Susana Martínez Galdós, abrirá  este mércores, e ata o 10 de outubro inclusive, o prazo de inscrición para participar no programa de actividades extraescolares “Artellando”, dirixido ao alumnado de Educación Primaria dos centros de ensino públicos e concertados de Ferrol. Así, as solicitudes deben presentarse no Rexistro Xeral do Concello de Ferrol, en horario de 09.00 a 14.00, de luns a venres, e de 09.00 a 13.00 os sábados.

A edil Susana Martínez Galdós destacou o incremento de actividades respecto ao pasado curso escolar -nesta ocasión serán sete- e a incorporación de novos obradoiros -cociña fría, percusión baseada principalmente en instrumentos galegos, ximnasia rítmica e baile moderno-. A estes súmanse tamén fotografía con tratamento informática, encadernación e reciclaxe de libros e artes plásticas (manualidades con material de refugallo). En total, sete actividades que se celebrarán en diversos espazos -Casa da Xuventude, Biblioteca Municipal da Praza de España, rúas de Ferrol e un CEIP do municipio, pendente de confirmar-.

 

Todas estas actividades serán gratuítas, tal e como subliñou a concelleira de Educación, quen indicou que poderán participar nesta convocatoria todo o alumnado matriculado nos centros de ensino de Ferrol, tanto públicos como concertados, que se atopen cursando actualmente entre 1º e 6º de Educación Primaria. Así mesmo, avanzou que se desenvolverán os venres de outubro, novembro e decembro, sendo a duración total de cada obradoiro de 9 horas.

Por orde de inscrición

A selección de participantes será mediante rigurosa orde de presentación das solicitudes e o número máximo por obradoiro será de 24.  As listas provisionais de admitidos e de excluídos publicaranse o vindeiro 15 de outubro no taboleiro de editos do Concello de Ferrol e na páxina web da Concellería de Educación. Posteriormente, entre os días 17 e 18 de outubro os admitidos para participar neste programa educativo municipal deberán confirmar a súa praza mediante a presentación no Negociado de Educación do Concello da folla de confirmación.

As actividades, cos lugares nos que se levarán a cabo, son as seguintes:

 

OBRADOIROS LUGAR   DE CELEBRACIÓN
Fotografía   con tratamento informático Nas rúas   de Ferrol e na sala de ordenadores da Biblioteca Municipal da Praza de España
Encadernación   e reciclaxe de libros Biblioteca   da Praza de España
Cociña   fría Casa da   Xuventude
Manualidades   con material de refugallo Casa da   Xuventude
Percusión Casa da   Xuventude
Ximnasia   rítmica Pendente   de confirmar
Baile   moderno Pendente   de confirmar

Lea también

MIRALLAS presenta no CIRS de Cervás, Ares «elas pintan moito» no marco do 25N

Este sábado día 23, o grupo MIGALLAS porá en escea o espectáculo “ELAS PINTAN MOITO”; …