O BNG de Narón reivindica un parque infantil e melloreas na senda fluvial que une Freixeiro, Xuvia e As Aceas.

A candidata do BNG ,Olaia Ledo, a responsábel local, Marta Grandal , Carlos González e Bea Puentes ( nº5 e nº3 da candidatura de maio ).

Según manifiesta en un comunicado o BNG de Narón: «No ano 2015 a senda fluvial ía contar, segundo o anunciado polo propio concello de Narón, con senda peatonal, carril bici e dúas áreas de esparcimento. Hoxe hai unha soa senda para compartir peatóns e bicis e non se proxecta ese parque infantil» . Alertan además «de que realizando o paseo atopáronse desperfectos como bancos xa oxidados; pólas de árbores cortadas non retiradas nas beiras e moitos tipos de plásticos» e  Reivindican tamén o espazo para un parque infantil reclamado pola asociación veciñal de Piñeiros.

“Cando se adxudica unha obra é importante que mentres se realice se comprobe o estado. Nós atopámonos hoxe bancos oxidados e , se na licitación anunciaban retirar especies alóctonas por autóctonas, o que vimos é as árbores e prantas de ribeira cortadas para realizar a senda tiradas na beira do río; moita suciedade e , habendo espazo ao final da senda na área de esparcimento , finalmente non se proxecta ese parque infantil nun barrio que conta con 500 vivendas e non ten unhas instalacións para nenos e nenas ao xeito” reclama a candidata á alcaldía do BNG de Narón, Olaia Ledo “non imos falar xa de que a fonte instalada non bota auga porque entendemosque iso, cando se innaugure, xa estará conectado pero pensamos que o concello ten que reclamar solucións e cambiar os desperfectos antes de dar obra por entregada” incide Ledo.

Por todo isto, persoas do BNG, foron na mañá do luns 27 de marzo á zona onde reivindican ese parque infantil que se uniría a outros proxectos da área e no reivindican desde o BNG que hai espazo “estamos nunha zona tranquila e iso é idóneo para ter unha zona onde os nenos e nenas poidan xogar libremente, un espazo público para todas as idades, iso é o que queremos” afirman desde o BNG. O lema usado son “investimentos xa” “porque a senda precisa mellora e para o parque infantil un proxecto xa”.

Lea también

Buenos resultados para Club Arco Narón en el Cto de España de tiro con arco indoor

Desde el pasado jueves se desarrolló en Valladolid el Campeonato de España de tiro con …