Alumnos do IES Fernando Esquío, de Neda, visitaron a exposición fotográfica «A fuxida do bou Ramón»

O alumnado de 4º da ESO e 1º e 2º de Bacharelato do IES Fernando Esquío, de Neda, acompañados das profesoras e profesores, da concelleira de Educación e Deportes e do Alcalde., Ángel Alvariño, asistiron, na Casa das Palmeiras, a unha visita guiada a exposición fotográfica «A fuxida do bou Ramón».

Membros da Asociación Cultural Memoria Histórica Democrática explicaron a historia de sacrificios e solidariedade na que 27 republicanos da comarca, agachados durante toda a guerra, conseguiron partir desde Ares no bou “Ramón”, o 20 de xullo de 1939 e chegar a Francia recuperando a liberdade e librándose dunha morte certa.

Lea también

Educación defiende las obras de ampliación del CPI As Mirandas de Ares tras las quejas del ANPA

La Xunta asegura que el centro cuenta con el profesorado necesario y con ratios muy …