O Concello de Narón organizou unha nova edición do «Entroido gastronómico»

O Concello de Narón  organizou unha nova edición do “Entroido Gastronómico”, unha convocatoria na que participarán trinta establecementos de hostalería da cidade dende o vindeiro luns, día 20, ata o domingo 26 de febreiro. O concelleiro de Promoción Económica, David Pita, indicou que os establecementos participantes repartirán entre a clientela polas súas consumicións boletos de “rasca e participa”, nos que poderán obter varios premios directos.

Establecementos participantes

O edil naronés explicou que participarán nesta convocatoria: Casa Juanito, Hamburguesería Eder, Australian, Nueva Orleáns, Colonial, Gibson, La Bastilla, Mouchos, Índalo, Mestura, La Salmantina, Gola, Chiss, Hollywood, Imos a ro?, Café 29, O Café do Alto, Tyche, La Continental, A Toxiña, Nuevo Minuetto, Silver, La salita de mi casa, Juventud, Ronnie, La Roldana, Tempus, A Estrela de Baltar, Marinito e Pizzería O Paso.

Bolígrafos, xogos de mesa, cadernos, altofalantes, chaveiros e un cesto de laconada para catro persoas son os premios aos que poderá optar a vindeira semana a clientela destes establecementos de hostalería coas súas consumicións.

Un aliciente máis

“A iniciativa suporá un aliciente máis para desfrutar da calidade do sector hostaleiro na nosa cidade, premiando á clientela e animándoa a visitar estes
establecementos ubicados tanto nos barrios como nas parroquias da cidade”, apuntou Pita.

O concelleiro naronés avanzou ademais que, con motivo da festividade do Entroido se repartirán tamén nos citados locais a vindeira semana recetarios –que se publicarán no Facebook e na web do Concello- con trece propostas gastronómicas propias destas datas: caldo galego, callos, cocido, empanada de lacón con grelos, robaliza co fondo de grelos e muselina de allo, rodaballo do forno e patacas, tortilla de grelos, bica de Trives, filloas, leite fritido, orellas do Entroido, torradas e roscos de anís.

Lea también

Narón iza a bandeira galega na Casa da Cultura

O Concello de Narón  programou para este sábado coincidindo co 23 de novembro, festividade local, …