A comparsa Os Parrandolos da sociedade cultural Areosa, Narón celebra o seu 40 aniversario

A comparsa Os Parrandolos da sociedade cultural Areosa, Narón, comeza este venres día 17 de febreiro a celebración dun entroido especial, xa que se cumpren 40 anos dende que botou a andar no ano 1983.

O percorrido de actuacións deste ano levará a Os Parrandolos a celebra o entroido en toda a bisbarra: Neda, Ferrol, Pontedeume, Fene, Ultramar e por suposto en Narón onde realizará varias actuacións, comezando co Festival de Comparsas deste sábado 18 para visitar o domingo 19 os barrios de A Gándara e Freixeiro e rematar o día 26 co tradicional Enterro do Momo en Piñeiros

Lea también

Seis deportistas del Club Arco Narón consiguen clasificarse para el Cto de España indoor

Esta semana se desplazan hasta Valladolid 6 jóvenes deportistas de la Escuela Deportiva Municipal de …