O Bloque Nacionalista Galego de Ferrol dada a situación que se ten xerado no Concello de Ferrol tras a dimisión da concelleira de Facenda e Patrimonio, María Teresa Deus, «e partindo do respecto as decisións de carácter persoal e a maneira de funcionamento e organización de cada partido político» queren, cando menos, «insistir na oferta de chegar a algún punto de encontro co actual goberno municipal de cara a temas que son de substancial importancia para o futuro da cidade e para o que resta de mandato.«
Iván Rivas, portavoz municipal do BNG, insite na vontade do BNG por resolver algúns dos principais problemas da cidade antes de rematar o mandato «e que pasarían por poder converter o espazo do Sánchez Aguilera nunha grande zona verde, iniciar o camiño da municipalización de servizos, tendo en conta a situación do contrato do lixo que é o mais caro da cidade, ou asumir que a xestión da depuradora tendo en conta a relación que existe co Concello de Narón ten que pasar porque a Xunta de Galiza se faga cargo desta infraestrutura que na situación actual supón que os veciños e veciñas de Ferrol están a pagar a depuración de Narón.»
Desde o BNG insisten na necesidade de chegar a un acordo en relación con este tipo de cuestións «antes de rematar o mandato e máis nas circunstancias actuais nas que se atopa o goberno local.«