Este miércoles empezaba con la dimisión de la concejala de Economía y Hacienda del Concello de Ferrol, María Teresa Deus, al parecer por discrepancias con el alcalde Ángel Mato en los últimos meses en la gestión de sus competencias y a las 15:54 horas el gabinete de comunicación del Concello de Ferrol la oficializaba, haciendo llegar a los medios de comunicación su carta de despedida, la cual reproducimos a continuación:
«En primeiro lugar, quero agradecerlle a Ángel Mato terme dado a posibilidade de formar parte do seu equipo de goberno. Tamén quero dar grazas aos meus compañeiros/as de corporación, aos funcionarios/as do Concello e aos axentes sociais, asociacións de comerciantes, empresarios e hostaleiros, porque sen eles non tería sido posible levar a cabo os proxectos e actividades realizados.
Citarei resumidamente algúns:
-En época de pandemia: convocatorias de axudas para os autónomos, comerciantes e hostaleiros, e rebaixas de taxas e impostos municipais.
-Campañas de apoio e dinamización do comercio e a hostalería.
-No eido interno: procesos de estabilización e consolidación do persoal municipal, e aprobación e consolidación da carreira profesional.
Foi un honor poder desenvolver estas tarefas de goberno en favor da cidadanía e da cidade de Ferrol.
Dende o primeiro día enfrontei este reto con ilusión e compromiso de servizo, pois levo moitos anos dedicada desde os sectores privado e público a tratar de mellorar e transformar aqueles ámbitos que se me encomendaron. Non foi un camiño sinxelo, pero si me sinto moi afortunada de telo percorrido.
Penso que é tempo de dar un paso ao lado e cederlle o lugar a outro compañeiro que se incorpore pensando que estamos na recta final e, que como sucede nas competicións deportivas, nos últimos momentos, tírase do banco para dalo todo e gañar o partido.
Mayte Deus«
Tras su renuncia, podría ser el número 9 de la lista del PSOE en las elecciones municipales de 2019 quién ocupase su lugar, Rafael Rodríguez Beceiro, actual jefe de gabinete de alcaldía y con experiencia como concejal de Medio Ambiente y servicios en el mandato del socialista Vicente Irisarri.