A Biblioteca municipal de Narón acolleu o acto de distinción das “Usuarias e usuarios de honra 2023”

A Biblioteca municipal do Alto, en Narón, acolleu na mañá deste sábado  o acto de distinción das usuarias e usuarios de honra das instalacións, no transcurso dun acto presidido pola alcaldesa, Marián Ferreiro, e no que tamén participaron a edil de Bibliotecas, Mercedes Taibo, e a responsable das instalacións naronesas, Ainhoa González.

A rexedora local felicitou ás persoas que recibiron a distinción pola súa participación e implicación nas actividades que se desenvolven tanto na Biblioteca central como na Axencia de Lectura da Gándara. Para o seu persoal tivo tamén palabras de agradecemento a alcaldesa da cidade, que destacou o seu labor.

Usuarias e usuarios de honra

Na categoría infantil (ata 14 anos) recibiron a distinción Marta Pita Jurado, Olivia Fiumara Fernández, Marco Fiumara Fernández, Rocío Moreno
Enríquez e Juan Pablo Vargas Kwinta. Ademais, levaron uns libros como agasallo e unhas entradas para espectáculos infantís do Padroado da Cultura.

Na modalidade de persoas adultas, as distincións foron para Gustavo Adolfo Vázquez García, Rosalía Ferreiro Oreona, Montserrat Funcasta López,
Jesús Castelo Campello e Josefa Parcero Collado, que a maiores dos seus respectivos diplomas levaron o libro de fotografías “Narón”, recentemente
presentado, e entradas para espectáculos de adultos no Pazo.

A convocatoria celebrada este sábado  enmárcase no Día das Persoas usuarias das Bibliotecas, que se conmemora cada 11 de xaneiro. Dende o ano 2014
celébrase esta data para homenaxear a dez persoas que destacaron pola súa implicación na Biblioteca durante o pasado ano.
Ferreiro felicitou ás nenas e nenos premiados e tamén ás persoas adultas, interesándose pola súa visión do funcionamento do servizo na cidade. “Sodes a razón de ser destas instalacións, nas que cada ano tratamos de incrementar os fondos”, asegurou, destacando o feito de que na actualidade sexan un total de 10.525 persoas as que teñen como referencia a Biblioteca de Narón.
A alcaldesa animou finalmente aos asistentes ao acto a continuar facendo uso das instalacións e servizos que se ofrecen na Biblioteca e na Axencia de Lectura da Gándara.

Lea también

Narón iza a bandeira galega na Casa da Cultura

O Concello de Narón  programou para este sábado coincidindo co 23 de novembro, festividade local, …