As dúas primeiras cestas da “Campaña Nadal Comercio de Narón”, organizada polo Concello e a Asociación de Comerciantes de Narón, entregáronse este venres, día 23 de decembro.
O edil de Promoción Económica, David Pita, foi o encargado xunto con Susana Oreona, representante da ACN, de entregalas ás dúas naronesas que resultaron gañadoras das mesmas Celia Tenreiro e Luz Álvarez.
Os establecementos nos que se realizaron as compras nas que depositaron os tickets para participar na campaña foron a M Muíño e Bioreona, respectivamente. Así mesmo, tamén se procedeu á entrega de dous dos catro bonos nun hotel spa para dúas persoas cunha noite de aloxamento, á ferrolana Alexandra Castro e á naronesa Patricia Fernández, por realizar compras no local de Parafarmacia Anduriña e acudir á perruquería Choli, respectivamente.
Os vales, tal e como se informou, poderán canxearse ata o 31 de marzo de 2023. A campaña inclúe o sorteo doutras dúas cestas con produtos do Nadal, que se entregarán o vindeiro 30 de decembro nun acto a celebrar tamén no Concello e no que se darán tamén outros dous bonos de hotel con servizo de spa.
Pita animou á veciñanza de Narón e doutros concellos a participar nesta iniciativa para poder obter algún dos premios que aínda non se sortearon. No mes de xaneiro entregaranse dous vales de 600 euros cada un e outros dous de 400 euros entre as persoas que están comprando e depositando as papeletas cos sus datos nos establecementos adheridos á campaña, que remata o 31 de decembro.