O Concello de Narón instalará do 19 de decembro ó 4 de xaneiro na praza da Gándara un mercado de Nadal.
Co fin de ocupar os postos que se habilitarán o vindeiro luns día 12 abrirá o prazo para anotarse, que pechará o xoves 15 ás 13.00 horas. As persoas con licencia de venda comercial e que vendan produtos artesáns, agasallos, artículos de decoración de Nadal… interesadas en instalarse nalgún dos postos deben escribir un correo electrónico á dirección me.mendez@naron.es, indicando nome e apelidos, produtos que desexa vender, un teléfono de contacto e un correo electrónico para realizar a tramitación.
Os postos adxudicaranse por orde de solicitude e terán preferencia á hora da adxudicación as veciñas e veciños de Narón. Os postos permanecerán operativos nas datas indicadas, agás os días 25 de decembro e 1 de xaneiro, en horario de 17.00 a 20.00 horas, tal e como se avanzou dende o Concello.