Xosé Ferreiro
O equipo pontés do O Esteo logrou un sufrido empate este domingo á mañá no Pavillón Monte Caxado.
E iso que comezaban adiantándose os locais cun tanto de Jandro, pero en tres ramalazos visitantes, un tanto de falta de Moro, un remate de Jorge tras chegar so ao segundo pau, e un golazo pola escadra do ferrolán Juan Caínzos con pouco ángulo volteaban o marcador chegando co 1-3 ao descanso.
Por riba no reinicio Antón situaba un 1-4 que poñía moi complicado o partido pero un tanto do canteiran Eloy, e dous consecutivos de Jandro nos últimos minutos daban un empate, que non era o resultado agardado, pero vendo o transcurso do encontro sabe a ouro, e para unha dinámica máis que negativa de seis derrotas nas sete últimas xornadas.
Con este hat trick de Jandro, o seu terceiro do ano, xa suma 17 goles, máis dun tercio dos 50 dos ponteses, que son cuartos pola cola con 10 puntos, e na seguinte xornada visitan ao complicado Ribeira, noveno con 15.
O Esteo FS: Juan, Cokito, Héctor, Troncho, Jandro – Adrián, Eloy, Pablo.
A Estrada Futsal: Rober, Antón, Jorge, Pepe, Carlos – Isma, Kinso, Moro, Iago, Juan Caínzos.
Goles: 1-0, Jandro (10´), 1-1, Moro (15´), 1-2, Jorge (16´), 1-3, Juan Caínzos (18´). 1-4, Antón (24´), 2-4, Eloy (26´), 3-4, Jandro (35´), 4-4, Jandro (36´).
Incidencias: Amarelas a Cokito, Jandro, Moro. Uns 60 espectadores no Monte Caxado.