Os concelleiros de Igualdade, Mar Gómez; Ensino e Bibliotecas, Mercedes Taibo; Mocidade, Pablo Mauriz, e Seguridade Cidadá, Román Romero, presentaron os actos do programa organizado polo Concello de Narón con motivo do 25 de novembro, Día Internacional contra a violencia de xénero.
A programación inclúe numerosas actividades que se desenvolverán en varias ubicacións da cidade e cuns actos centrais o propio día 25 na praza da Gándara, coincidindo co Día Internacional contra a violencia de xénero, coa instalación, de 10.30 a 12.30 horas do Punto Violeta, co acto institucional ás 11.30 horas dando lectura a unha declaración institucional e realizando unha ofrenda floral no monumento á muller.
Tamén estará instalado na praza un tótem expositivo das vítimas da violencia machista no ano 2022. En horario de tarde, ás 19.30 horas, tamén na praza da Gándara, terá lugar un acto comarcal reivindicativo da Marcha Mundial das Mulleres.
Os centros de ensino contarán con pílulas informativas dos puntos violeta e muro da violencia machista e o venres 25 tamén terá lugar a marcha ciclista escolar “Pola igualdade e contra a violencia”
O primeiro dos actos desta programación será mañá venres día 18 na biblioteca municipal, donde terá lugar ás 18.00 horas un cineforum coa proxección da película “Corre como una chica”, de temática feminista, ecelebrarase un posterior coloquio cos nenos e nenas, a partir de 8 anos, e as súas familias, con inscrición previa nas instalacións da biblioteca ou chamando ó teléfono 981382173 en horario de apertura.
Tamén na biblioteca, do luns 21 ó mércores 30 de novembro terá lugar unha mostra bibliográfica, “Obxectivo igualdade, un espazo libre de violencia machista”, coa exposición dos materiais que forman o espazo Obxectivo igualdade, centro de interese que a biblioteca inaugurou este ano, que se vai renovando periódicamente e está dirixido a todos os públicos no horario de apertura habitual da biblioteca.
As actividades continuarán na axencia de lectura da Gándara con xogos de temática feminista, o día 24, de 17.30 a 18.00 horas, “Iguales” para nenos a partir de 4 anos , e o día 25, tamén de 17.30 a 18.30 horas, “El misterio de las mujeres invisibles”, para nenos a partir de 7 anos.
Na Ludoteca municipal terá lugar o día 25, en horario de 16.15 a 19.00 horas o obradoiro “Plántalle cara á violencia”, obradoiro Origami, Flor violeta e obradoiro Mensaxe en globo.
Asimesmo, o Centro Comunitario Manuela Pérez Sequeiros levará a cabo un obradoiro de defensa persoal para mulleres o sábado 19 de novembro en horario de 10.00 a 13.00 horas. Na Casa do Concello e CC Odeón instalarase o día 24 o “Muro da violencia machista” e tamén serán iluminados de cor violeta diversos espazos municipáis.