Entidades e asociacións naronesas apoian as familias afectadas por contratos fraudulentos e en man da SAREB

Fot.-El boletín 

Distintas asociacións e entidades naronesas emitiron un comunica no que sinalan que «queremos mostrar o noso apoio e solidariedade cara as persoas que están a vivir un proceso abusivo por parte da SAREB e as súas vivendas sitadas na Praza do Asilo, no barrio de Piñeiros, en Narón».

» As vivendas construídas na praza do Asilo pola empresa Narón 2002 non foron vendidas se non postas en alugueiro pola propia empresa construtora no seu momento. Esta empresa cedeulla a unha inmobiliaria a xestión dos alugueiros que continuaron facendo contratos e asinando cos inquilinos en aparente normalidade. Sen embargo, con total descoñecemento das persoas que alugaban, a propiedade do inmoble pasou á SAREB en virtude do Decreto de Adxudicación en execución hipotecaria no 2018. Hai un ano coñecían a situación cando o xulgado de Ferrol comezou a citalos persoalmente. Desde ese momento, as persoas inquilinas seguiron a pagar o alugueiro e puxéronse en disposición de continuar como até o momento».

Un ultimátum

«Agora a SAREB a través da empresa HYPOGES IBERIA SL, diríxense dándolles un ultimátum de 5 días para abandonar as vivendas cunhas condicións abusivas e cuns prezos moi por riba do mercado se quixeran quedar. É dicir: queren expulsalos das súas vivendas. Ademais, faltan á palabra dada pois existía un compromiso da SAREB de manter os alugueiros a “un prezo de mercado”. A SAREB ademais, a través desta empresa MINTE alegando que non tiveron disposicións os veciños e veciñas de chegar a acordo cando sempre foi o contrario e así dispuxeron no xulgado e onde se lles foi preguntado.

Por todo iso, o tecido asociativo de Narón dá un paso ao fronte en apoio público a estas familias veciñas de Narón e reclaman unha solución xusta e acaída para uns veciños e veciñas que son víctimas dunha estafa inmobiliaria e queren botar en condicións inhumanas».

Asinan o comunicado: AAVV de Piñeiros, Altea de Xuvia,  Rosa dos Ventos de Sedes,  Naveira de Doso, Virxe de Fátima – Freixeiro; Asociacións Vai Rañala meu, COMETA, Xebra, Semente de Trasancos, Revolta Popular Marzo 1918, ASPANEMI,  Areosa, A.C. e Teatral Pedroso, Anpa Pérez Alberti (IES Terra de Trasancos),  Bolboretas no Ceo,  O Aturuxo de Melpómene, Clube de Tiro Olímpico El Castro de Narón e  Saúde Mental Ferrol, Eume e Ortegal

Lea también

A conferencia sobre saúde mental prevista para este sábado en Narón, adíase ó día 29

A conferencia da psicóloga Rita Touza, prevista inicialmente para este sábado 23, adíase ata o …