Un grupo de dezaoito escolares de sexto curso de educación Infantil do CEIP A Solaina, visitaron este luns, día 14 de novembro o Concello de Narón con motivo das actividades proxectadas a través do Programa de Recursos Educativos de Apoio á Escola, que inclúe un apartado de Coñecemento do Concello a través Itinerarios didácticos na Casa Consistorial
Os menores, acompañados por docentes do citado centro de ensino, visitaron varias dependencias municipais e reuníronse coa alcaldesa, Marián Ferreiro, no salón de plenos interesándose por diversas cuestións que compartiron coa rexedora local.
Os escolares visionaron previamente no salón de plenos o vídeo “Nara de Narón”, cunha explicación sobre a historia do Concello e as súas parroquias e antes de regresar á aula, fotografiaronse coa rexedora local, quen lles fixo entrega duns agasallos, e tamén no photocall “Ti es a abella Nara”.
Un explorador e unha abella de Narón, de nome “Nara”, acompañan ós escolares dos centros de ensino durante estas visitas que se realizan de xeito teatralizado. As visitas deste programa continuarán desenvolvéndose en diversas datas deste mes de novembro con alumnado do CEIP A Solaina, CEIP Virxe do Mar e CEIP A Gándara.
Asimesmo, os Itinerarios didácticos pola Casa Consistorial continuarán no vindeiro mes de decembro con alumnado do CEIP A Gándara.