Novas restricións temporais de tráfico en Narón pola rodaxe da serie «Rapa»

A grabación da segunda tempada da serie “Rapa” en varias zonas da cidade implicará algunhas restricións no tráfico rodado e espazos de estacionamento dende o mércores día 9 ás 22.00 horas ata o xoves día 10 ás 22.00 horas.

Reservarase espazo de estacionamento para vehículos de rodaxe e escena na zona da avenida do Mar, no camiño de acceso ó pantalán e no aparcadoiro próximo ó muelle.

Lea también

A Asociación Cultural Vai Rañala Meu! proxecta en Narón o documental “Cardoña, fotos a sete pesetas”

A Asociación Cultural Vai Rañala Meu! proxectará o vindeiro domingo 4 de outubro o documental …