Plantan un carballo para reivindicar a rehabilitación da casa natal de Carvalho Calero

Na mañá deste domingo. 30 de outubro, coincidindo co 112 aniversario do nacemento de Ricardo Carvalho Calero, tivo lugar unha concentración para esixir ao Concello de Ferrol e á Xunta de Galicia que cumpran co seu compromiso e acometan a rehablitación da casa natal de Ricardo Carvalho Calero.

As entidades convocantes: o BNG, a Asociación Cultural Ferrolterra Antiga, a Fundaçom Artábria, a Sociedade Cultural Medulio, a Asociación Veciñal de Ferrol Vello e o Ateneo Ferrolán, procederon a plantar un carballo diante deste inmboble como símbolo da firmeza desta reivindicación.

Iván Rivas, portavoz municipal do BNG, resaltou neste acto que «até que non consigamos a rehabilitación deste inmoble» non van cesar actos como este e garantiu o compromiso do BNG co proxecto de recuperar a casa de Carvalho Calero.

Rivas censurou o comportamento do goberno local e da Xunta de Galiza con este proxecto de rehabilitación. Lembrou que para este proxecto «conseguimos que se consignara diñeiro nos orzamentos municipais, conseguimos que se desenvolvera un proxecto consensuado con todos os colectivos implicados desde hai anos neste proxecto» e lamentou que o goberno local decidira gardar nun caixon o proxecto e que, ademais, destinara os fondos económicos a outros proxectos

Asi mesmo lembrou que tras a anulación do Plan Especial de Ferrol Vello este colectivo social presentou alternativas para pòder desenvolver o proxecto: a declaradción de zona ZER, ou a modificación simplificada do plan xeral. Algo ao que o Goberno local non fixo caso que se negou a escoitarnos.

Ao mesmo tempo criticou á Xunta de Galicia  «que non deixa de insistir na necesidade da recuperación do barrio e non destina un só euro nos orzamentos para este fin, como se constata nos actuais orazmentos para este ano, pero é que ademáis diante da siliciteude de declarar zona ZER que se lle fixo no mes de Xuño aínda non nos ten contestado».

As entidades resaltan que non cesrán na súa reivindicación diante da pasividade de ambas administracións, da Xunta e do Concello, diante do PP e do PSOE, e seguirán mobilizándose ate acadar a rehabilitación deste inmoble.

Lea también

Sabores de outono, cita gastronómica con premio en el barrio ferrolano de Ultramar

  Este fin de semana tendrá lugar en el barrio de Ultramar la primera edición …