Novos cortes e restricións de tráfico en Narón derivados da gravación da serie «Rapa»

Algúns puntos da cidade de Narón convertiranse de novo a vindeira semana en escenarios da segunda tempada da serie “Rapa”. Por este motivo, dende este domingo, día 16 de outubro, haberá alguhas restricións e cortes na circulación rodada de carácter temporal, que estarán debidamente sinalizados.

Na xornada do domingo dende as 22.00 horas ata o luns 17 tamén ás 22.00 horas, reservaranse para a produtora espazos de estacionamento de vehículos nas rúas 25 de Xullo, San Andrés e Manuel Antonio, no Alto do Castiñeiro.

Así mesmo, con motivo das gravacións que se retomarán no interior do antigo centro de saúde, poderanse rexistrar cortes puntuais de tráfico nas rúas 25 de Xullo e San Andrés na xornada do luns, de 7.00 a 20.00 horas aproximadamente.

E con motivo da preparación de decorados tamén se reservará un espazo para estacionamento nun tramo da rúa Otero Pedrayo dende o vindeiro luns ás 9.00 ata o venres 21 de outubro ás 22.00 horas

Lea también

Inaugúrase en Narón o Centro de Interpretación dos Muíños Industriais de Xuvia

O Centro de Interpretación dos Muíños Indutriais de Xuvia (CIMIX) está xa aberto á cidadanía …