O Concello de Neda convida ós máis pequenos da casa a participar este venres 30 de setembro no espectáculo familiar “Toupiciencia Show”, da compañía Xanela do Maxín
A función, dirixida a nenos a partir de 5 anos, busca promover a divulgación científica en galego a través dun espazo de convivencia e proximidade. Nel, compartiranse experiencias e abrirase camiño ó diálogo e á interacción.
Dará comezo ás 18:30 horas, na Casa da Cultura. A entrada é de balde, pero ó contar con prazas limitadas, requírese de invitación, que pode retirarse a partir deste martes 24 de setembro na Biblioteca en horario de 9:00 a 13:00 e de 16:00 a 20:00 horas.
O espectáculo inclúese na Rede de Dinamización Lingüística para a promoción do uso da lingua galega, co apoio do Concello de Neda.