Reunión de asociacións e entidades implicadas no proxecto «Todas as persoas sumamos», Narón

O Concello de Narón acolleu este venres, día 2 de setembro, unha reunión con entidades da comarca para abordar os avances realizados dentro do proxecto “Todas as persoas sumamos”.

As edís de Benestar Social, Catalina García, e Ensino e Bibliotecas, Mercedes Taibo, participaron na convocatoria, informando sobre o traballo realizado durante os últimos meses e tamén avanzando o que se levará a cabo de aquí a finais de ano.

Estiveron presentes representantes de todas as entidades participantes: Aspaneps, Aspanaes, Saúde Mental Ferrolterra, Eume e Ortegal, Áurega, ASCM, AXF, Teima Down Ferrol, Alcer, Nuestra Señora de Chamorro e Cogami.

As concelleiras naronesas destacaron o labor que realizaron as entidades e asociacións implicadas nesta iniciativa para elaborar material didáctico e divulgativo que se publicitará a través das redes sociais e a páxina web do Concello.

Un caderno de traballo e infografías forman parte dese material para dar información das diferentes diversidades e romper estereotipos. O material enviarase ós centros de ensino da cidade e difundirase ademais a través das entidades participantes. A procura da integración e dar visibilidade ás diferentes diversidades e capacidades das persoas son dous dos obxectivos que centran este programa.

A todas as entidades agradeceron as representantes do goberno local a súa “gran implicación en todas as iniciativas que se impulsan a través deste programa, do que queremos facer partícipes a todas ós veciños da cidade, para que poidan participar activamente nos diferentes procesos co obxectivo de sumar porque todas as persoas sumamos e por iso mesmo o programa leva este nome”.

Lea también

Inaugurada en San Xiao de Narón una imagen del Patrón tallada sobre un tronco por Carlos García

En la mañana de este domingo, día 28, el obispo de Mondoñedo-Ferrol Fernando García Cadiñanos, continuó …