Axudas financieiras de emerxencia en Narón para adquisición de material escolar

O Concello de Narón abrirá o vindeiro martes, día 6 de setembro, o prazo para solicitar axudas financieiras de emerxencia para adquisición de material didáctico e escolar, dirixidas a familias con fillos matriculados en segundo ciclo de Infantil, educación Primaria, Educación Secundaria Obrigatoria, Bacharelato, Formación Profesional e Educación Secundaria de Adultos, en función da renda da unidade de convivencia.

As concelleiras de Benestar Social, Catalina García, e Ensino, Mercedes Taibo, indicaron que as solicitudes para as axudas correspondentes do curso 2022-2023 poderán solicitarse ata o 30 de abril do curso corrente.

No caso dos vindeiros cursos escolares as solicitudes poderán presentarse a partir do 1 de xullo de cada ano ata o 30 de abril do curso corrente.

As solicitudes poderán entregarse conforme ó modelo do Concello no Rexistro Xeral do Consistorio, de luns a venres entre as 8.30 e as 13.00 horas, na Sede Electrónica ou por calquera outro medio previsto no artigo 16 da Lei 39/2015, de 1 de outubro, do Procedemento Administrativo Común das Administracións Públicas.

As persoas interesadas en solicitar máis información sobre as persoas beneficiarias destas axudas, a documentación a presentar ou o impreso de solicitude poden dirixirse ó Rexistro Xeral de entrada do Concello ou ó Servizo Sociocomunitario Municipal, no primeiro andar.

Lea también

La academia de Baile All Dance Studio actúa este sábado 31 en Narón

El Centro Comercial Odeón acoge este sábado por la tarde la exhibición de la escuela …