Este sábado terá lugar a gran festa infantil Cidade de Narón

A gran festa infantil cidade de Narón organizada polo Concello e coa que cada ano se celebra o remate do verán retómase tras dous anos suspendida pola situación sanitaria derivada da pandemia da covid-19.

A concelleira de Festas, Natalia Hermida, anunciou que a cita terá lugar este sábado, día 3 de setembro, no parque de Freixeiro. “Todos os nenos que se acheguen poderán desfrutar dunha completa xornada con diferentes propostas que se sucederán ó longo da mañá e da tarde”, indicou Hermida.

Unha festa “holi”, outra da escuma, inchables acuáticos, un circuíto de karts, un inchable xigante e pintacaras forman parte das propostas organizadas para a ocasión. “Todas estas propostas son de balde, polo que poderán desfrutar de todas elas nos espazos habilitados no parque de Freixeiro en horario de 12.00 a 14.00 e tamén pola tarde, de 16.00 a 20.00” asegurou Hermida.

A concelleira naronesa animou ás veciñas e veciños de Narón “a achegarse este sábado ó parque de Freixeiro para desfrutar dunha xornada de diversión que suporá o colofón final na cidade á tempada estival, xusto antes de que os nenos regresen ás aulas para iniciar o novo curso escolar”.

Lea también

La academia de Baile All Dance Studio actúa este sábado 31 en Narón

El Centro Comercial Odeón acoge este sábado por la tarde la exhibición de la escuela …