Curso de Inglés preparatorio para a obtención do nivel B1, Narón

A concelleira de Formación, Natalia Hermida, anunciou a apertura do prazo, o vindeiro mércores, día 31 de agosto, dun curso de Inglés preparatorio para a obtención do nivel B1.

A convocatoria oferta un total de quince prazas e diríxese a persoas maiores de 18 anos, desempregadas e empadroadas en Narón. Hermida avanzou que o curso consta dun total de 215 horas que se impartirán no Centro Municipal de Formación Irmás Froilaz, na Gándara, do 7 de setembro ó 15 de decembro de 2022, de luns a venres de 9.00 a 12.45 horas, agás o último día que finaliza ás 13.15 horas.

Programouse nesas datas, tal e como indicou Hermida, para coincidir coas de celebración dos exames para a obtención da titulación do nivel B1.

Esta acción formativa terá unha parte de contidos gramaticais, outra de contidos semánticos/léxicos, e unha terceira de contidos prácticos. Así mesmo, no curso impartiranse módulos transversais de inserción laboral, igualdade de xénero e sensibilización medioambiental.

As solicitudes poden presentarse dende o 24 de agosto, as 8.30 horas, ata o 31 de agosto, ás 13.00, no Rexistro Xeral do Concello. Tamén poderán presentarse solicitudes a través da Sede Electrónica do Concello ou polos restantes medios contemplados no artigo 16.4 da Lei 39/2015 do Procedemento Administrativo Común das Administracións Públicas.

O alumnado seleccionarase por rigorosa orde de inscrición no Rexistro e o listado provisional das persoas admitidas, suplentes e excluídas publicarase na Sede Electrónica do Concello. O alumnado seleccionado será informado telefonicamente da súa admisión para confirmar a praza. A listaxe definitiva publicarase tamén na Sede Electrónica.

As persoas que desexen recibir máis información, na sección de Servizos, Formación e Actividades Municipais da páxina web do Concello ou contactar co Servizo Sociocomunitario, tfno. 981337700, ext. 1108 e 1109

Lea también

Los carteles de la Semana Santa de Ferrol desde que obtuvo la distinción de Fiesta de Interés Turístico Internacional se exponen en Odeón

El Centro Comercial Odeón continúa apoyando la promoción de la Semana Santa de Ferrol, después …