Charla informativa sobre catro cursos impulsados polo Instituto Tecnolóxico de Galicia, Narón

O edil de Medio Ambiente, Santiago Galego, anunciou que o vindeiro luns, día 30, se celebrará no centro cívico social do Alto do Castiñeiro ás 19.00 horas unha xuntanza para informar sobre catro cursos organizados polo Instituto Tecnolóxico de Galicia, enmarcados dentro do proxecto europeo Gefrecon.

Estas accións formativas impartiranse en liña e son de balde, tal e como avanzou. Persoal do Centro de Extensión Universitaria e Divulgación Ambiental de Galicia (CEIDA) encargarase de explicar o contido dos cursos.

Os cursos serán sobre “Creación de empresas forestais e/ou apoio para optimizar métodos de traballo”, “Plans de prevención, autoprotección, actuación e xestión relativos ós incendios forestais para administracións públicas”, “Medidas de autoprotección e prevención de incendios forestais orientadas a axentes do territorio” e “Medidas de autoprotección e prevención de incendios forestais orientadas a formadores e educadores”.

Dende a organización destacaron o feito de que se dirixen a diferentes colectivos e que “axudarán na formación en autoprotección, prevención e xestión dos incendios forestais, ao tempo que no fomento da creación de empresas forestais”. Agricultores, gandeiros, propietarios de terreos, empresas de turismo de aventura e forestais, persoal técnico e das administracións públicas, escolares e axentes sociais son, entre outros, os destinatarios destas convocatorias.

Ó finalizar estas accións formativas cada participantes obterá un certificado no que constarán as horas do mesmo.

Lea también

A conferencia sobre saúde mental prevista para este sábado en Narón, adíase ó día 29

A conferencia da psicóloga Rita Touza, prevista inicialmente para este sábado 23, adíase ata o …