Exposición de pintura de Crisanto Poveda, Narón

A sala de exposicións da planta soto da Biblioteca municipal do Alto en Narón, acollerá dende este venres, día 25 de marzo, e ata o vindeiro 8 de abril unha exposición da obra do pintor naronés Crisanto Poveda.

A concelleira de Bibliotecas, Mercedes Taibo, explicou que a mostra se compón dunha trintena de obras de óleo, acrílico e acuarela e son de temática variada, predominando as paisaxes de costa e interior da comarca. “Moitas das persoas que se acheguen á exposición recoñecerán perfectamente algúns dos escenarios que Poveda plasmou nas súas obras, cargadas de luz e dos sinais de identidade deste artista local”.

Crisanto Poveda é un mestre xubilado de formación practicamente autodidacta na arte da pintura, aínda que de rapaz recibiu aulas de José Leira e Tomás Barros, iniciándose posteriormente na técnica da acuarela cos pintores Francisco Rey e Manuel Gandullo.

Na actualidade é membro do grupo pictórico Narart, co que xa realizou varias exposicións colectivas e tamén organizou varias a título individual en varios concellos da comarca. Así mesmo, o pintor naronés tamén ten expostos cadros nos locais comerciais da rúa Médico Valero, concretamente nos escaparates dos establecementos B3, A despensa das delicias, Diséñate mercería, Asesoría Faísca e Óptica Valero.

O autor estará este venres, día 25 de marzo, ás 18.00 horas na sala de exposicións da Biblioteca para falar das súas obras con todas as persoas que se acheguen a ver a mostra. Taibo avanzou que se algún grupo (centros de ensino, asociacións, centros cívicos sociais… desexa concertar unha visita guiada polo autor pode contactar cos responsables da Biblioteca a través do número de teléfono 981 382 173 para fixar a data.

A exposición pódese visitar de luns a venres entre as 17.00 e as 20.00 horas e os sábados de 10.00 a 13.00 horas

Lea también

Gran éxito de convocatoria en la primera etapa de la ‘Ruta Costeira’ por Valdoviño

En menos de 24 horas, se completaron las 25 plazas que el Ayuntamiento de Valdoviño …