Defensa resposta ao BNG que o Concello de Ferrol non lle pediu manter en bo estado as baterías

Fot. arch.

O Bloque Nacionalista Galego de Ferrol considera que o goberno local mantén unha actitude totalmente «permisiva e irresponsábel» fronte ao abandono e desleixo no que Defensa mantén as baterías militares que inzan a costa de Ferrol.

O Ministerio de Defensa ven de respostar a unha iniciativa do BNG afirmando que «non ten constancia de recibir ningunha comunicación do Concello de Ferrol para que manteña en bon estado estas instalacións«.

Iván Rivas, portavoz nacionalista no concello de Ferrol, volveu a esixir ao goberno municipal que «abandone a política de apariencias e actos propagandísticos con respecto ao patrimonio da cidade e que se poña a traballar na recuperación definitiva dos bens patrimoniais sobre os que ten competencias directas e esixa o mesmo ás administracións públicas que teñan propiedades na nosa cidade en estado de abandono tal como acontece co Ministerio de Defensa.«

O BNG lembra que rexistrara a súa iniciativa sobre o estado de conservación e mantemento das baterías militares a raíz do tráxico accidente que lle custou a vida a un veciño desta cidade o pasado mes de xaneiro nas baterías militares de cabo Prior. Censura tamén a «indiferenza e irresponsabilidade» do Ministerio de Defensa diante desta situación de deterioro, limitándose a afirmar que balizou e sinalizou estas instalacións, prohibindo á entrada ás mesmas, «cando é público e notorio que tales sinais non existen«. Ademais sinala que en ningún momento recibiu comunicación algunha do Concello de Ferrol para manter en bo estado estas instalacións, «o que da boa mostra do desinterese do goberno local polo estado das mesmas

Para o BNG queda patente, na mesma resposta, «ás contradicións nas que incorren o goberno do Estado e o goberno municipal cando desde Madrid se asegura que se ten comunicado a prohibición de aceso ás baterías mentres o goberno local promove a súa visita mediante roteiros turísticos a través do MMIAH

Iván Rivas pide ao goberno local que esixa responsabilidades ao Ministerio de Defensa e que lle obrigue a manter as súas instalacións en bon estado de conservación, «é triste comprobar como o Ministerio de Defensa permanece indiferente e o goberno local mantén unha actitude pasiva diante dun proceso de deterioro ao que no se lle pon ningún tipo de remedio ni se lle exixen responsabilidades.«

Lea también

Inauguración de la jornada Ferrol, motor de proyectos transformadores con impacto

El teniente alcalde de Ferrol, Javier Díaz Mosquera, participó en la mañana de este jueves …