Curso sobre comunicación e márketing en liña, Narón

O concelleiro de Promoción Económica do Concello de Narón, David Pita, anunciou a apertura do prazo de inscrición, este xoves, día 10 de marzo, nun curso de Comunicación e márketing en liña que se desenvolverá o vindeiro 24 de marzo no Centro Cívico Social do Alto do Castiñeiro.

A actividade, segundo recordou o edil, enmárcase no programa “Mergullando no litoral de Narón”, que se se desenvolve co apoio do Fondo Europeo Marítimo de Pesca (FEMP) e a Consellería do Mar da Xunta, a través do Grupo de Acción Local del Sector Pesquero Golfo Ártabro Norte e conta coa colaboración de Fedepesca.

Pita apuntou que se trata dunha acción “dirixida a diferentes colectivos pola temática que se abordará, xa que tanto a comunicación como o márketing en liña son dúas áreas a ter moi en conta actualmente en calquera sector laboral”.

As temáticas que se abordarán son: Tendencias en comunicación e márketing, Big data e definición de público obxectivo, Creación de marca, Comunicación en liña e redes sociais, Campañas SEM en redes sociais, Deseño e execución de estratexias de márketing e Fotografía do produto.

As persoas que desexen asistir poden anotarse dende hoxe a través do Rexistro, da Sede Electrónica de Narón ou do correo electrónico: me.mendez@naron.es indicando nome e apelidos, DNI, dirección e teléfono de contacto.

O prazo de inscrición rematará o vindeiro 20 de marzo

Lea también

El BNG exige al Gobierno parar el desahucio de una familia en un edificio de la Sareb en Narón

El diputado del BNG en el Congreso, Néstor Rego, ha pedido este sábado al Gobierno …