Cedeira-«Cantos de amor» concerto lírico sobre os versos de Neira Vilas

«Cantos de amor» é o título do concerto lírico que programou o Concello de Cedeira para este domingo, día 5 de decembro, no Auditorio Municipal, no marco das iniciativas promovidas pola Secretaría Xeral de Política Lingüística.

O espectáculo, previsto para as 19.30 horas, está construído sobre os versos que escribiu o poeta Xosé Neira Vilas a principios do ano 2014, ex profeso para este espectáculo, musicados por algúns dos máis destacados compositores galegos: Octavio Vázquez, Fernando Buíde, Rubén Vizcaíno, Rubén Someso, Eduardo Soutullo e Juan Durán.

A soprano Victoria Álvarez Acón interpretará as dez cancións que compoñen este concerto, acompañada ó piano por Vicente Castro Alonso. Xunto coas pezas de Neira Vilas, na actuación interpretaranse tamén catro pezas máis con versos de Rosalía de CastroCurros Enríquez Antonio Noriega Varela.

O espectáculo afonda, desde un punto de vista contemporáneo, na tradición das cantigas de amor medievais.

Lea también

Continúan as melloras en As Pontes na pista do Bidueiro

O Concello das Pontes ten previsto continuar coa mellora a pista do Bidueiro (fase 3), …