Dura derrota para O Esteo a falta de 11 segundos

O Esteo ante Sala Ourense | Xosé Ferreiro

(Xosé Ferreiro) Triste final no encontro disputado este sábado nas Somozas no que O Esteo perdeu 3-4 cun gol faltando once segundos.

Na primeira metade adiantabanse os ourensáns, pero empataba pouco despois Jandro. Voltaban a poñer terra de por medio os visitantes con dous goles consecutivos, pero recurtaba distancias co 2-3 Cokito antes do descanso.

Trala reanudación, os últimos tres minutos foron moi intensos, xa que O Esteo empatou aproveitandose dos dous minutos cun xogador menos por expulsión do número 20 dos visitantes, gracias a un gol de forte disparo do gran Jhony dende fóra da área.

Pero os ourensáns souberon aproveitar unha boa xogada de 5 para 4, na que rematou libre de marca chegando só ao segundo pau Raúl, que era o que facía de porteiro xogador, e aínda habendo desaproveitado antes unha falta directa. Colista cun punto visita a complicada cancha coruñesa do Transricard Distrito Ventorrillo.

O Esteo: M. Failde, Cokito, Guillán, Héctor, Jhony – Jandro, J. Faílde, Dani, Eloy.

Sala Ourense: Dani, Raúl, Guerra, Bermejo, Arturo – Gus, Fer, Igor, Iago.

Goles: 0-1, Fer (4´), 1-1, Jandro (5´), 1-2, Gus (13´), 1-3, Arturo (14´), 2-3, Cokito (19´). 3-3, Jhony (38´), 3-4, Raúl (40´).

Incidencias: Amarelas a J. Failde, Héctor, Jandro, Cokito, Dani, Gus, Raúl. Expulsados o adestrador Marcos Leal por vermella directa (39´) e o visitante Arturo por doble amarela (38´). Uns 100 espectadores en tarde soleada que coincidía cun Somozas-Bouzas.

Lea también

El Baxi Ferrol quiere seguir con su pleno de victorias en la Eurocup este miércoles ante SL Benfica

Penúltimo capítulo del octubre intenso para el Baxi Ferrol, recibiendo este miércoles al SL Benfica, …