Neda-Activa o servicio de normalización lingüística

O Concello de Neda activaba nas últimas semanas o servizo de normalización lingüística. Un servizo que impulsa a Mancomunidade e que comparte cos concellos de Ares, Cabanas, Mugardos e Valdoviño. No caso de Neda, a atención presencial por parte da técnica, Iolanda Gomis, lévase a cabo os luns, de 9 a 14,30 horas.

Entre as súas funcións, ofrecerá asesoramento á administración en todo o relacionado coa política lingüística; planificará, xestionará, executará e avaliará accións a prol da lingua galega; centrarase tamén na resolución de dúbidas lingüísticas, e elaborará e recomendará materiais específicos, atendendo ás necesidades dos departamentos municipais.

Máis ó detalle, e en relación ás súas funcións en materia de dinamización lingüística, fomentará o uso do galego no conxunto da sociedade; proporá programas dinamizadores e accións concretas que conciencien á sociedade respecto ó uso e prestixio da lingua galega, e a impliquen no proceso normalizador; fomentará o uso do galego no ámbito socioeconómico e, en xeral, en todos os
sectores de importancia para a súa repercusión social, ou promoverá e coordinará redes de traballo para o fomento do uso do galego no ámbito asociativo, educativo, empresarial, etc., do termo municipal.

 

Lea también

Los trabajadores de Einsa Print en As Pontes convocan huelga indefinida tras el anuncio de ERE

El comité de empresa de Einsa Print en As Pontes (A Coruña), empresa dedicada a …