Miriam Casillas volverá á competición o 5 de maio na Copa do Mundo de Chengdu

Miriam Casillas en San Diego, California – Triatlón Ferrol

Miriam Casillas xa ten data de regreso á competición e será o 5 de maio na Copa do Mundo de Chengdu.

Despois de case un ano fóra de competición por lesión, con operación incluída dun ganglión no nocello esquerdo que lle impedía correr, a pacense do Triatlón Ferrol deixou a residencia Blume para adestrar nos Estados Unidos co seu novo grupo dirixido polo portugués Paulo Sousa.

Estoy contenta con el cambio y creo que se va a notar tarde o temprano, aunque no sea en las primeras carreras. Muchos de los cambios quizás se los deba a la lesión, así que estoy con muchas ganas y mucha confianza de competir bien”, valora Miriam Casillas desde San Diego.

Para a súa reaparición, a triatleta de Badaxoz elixiu unha competición cun formato particular de dobre xornada con semifinal o sábado e final o domingo para decidir os postos podio da Copa do Mundo chinesa. En fronte terá a nomes do talle da holandesa Maaike Caelers ou a australiana Emma Jackson.

Lea también

Club Arco Narón participa en el III Gran Premio de España Promesas

Durante este fin de semana se celebró en Madrid el III Gran Premio de España …