O PSOE critica a renuncia do goberno local a remunicipalizar o contrato eléctrico

Os socialistas de Ferrol critican a decisión de Ferrol en Común de manter a privatización do subministro do servizo eléctrico, mediante a adxudicación na Xunta de Goberno deste martes 2 de xaneiro, do contrato correspondente, en contra do seu propio programa electoral. O goberno local retrasou aproximadamente un ano a adxudicación do “contrato ponte”, sen mover un papel para facer efectiva a remunicipalización; de feito, «a retrasaron deliberadamente para que resolvan esta situación os que gobernen no ano 2019«.

Para os socialistas, Ferrol en Común decidiu manter privatizado o servizo eléctrico, «e tomou esta decisión de xeito unilateral, rexeitando o apoio que publicamente manifestoulle o grupo municipal socialista para remunicipalizar este servizo«.

Esta decisión para os socialistas «demostra pola vía dos feitos a falsidade da idea constantemente repetida, de que a inactividade do goberno municipal débese á falta de colaboración da oposición. Neste, como noutros moitos casos, o goberno local de Ferrol rexeita apoios garantidos para cumprir os seus compromisos electorais, e tomar libremente iniciativas en sentido contrario«.

Lea también

El martes inauguración del «Rastrillo» de la A. Nuestra Señora del Carmen

La asociación “Nuestra Señora del Carmen” de Ferrol celebrará desde el martes 26 de noviembre, …