Importante mellora educativa no area de robótica no CPI de Atios, Valdoviño

 O CPI de Atios, de Valdoviño,  acaba de ser seleccionado, xunto con outros 18 dun total de 68 solicitudes de todo Galicia, para participar na actividade de Innovación Semana STEM” promovida pola Dirección Xeral de Educacion e Innovación educativa, con 74 puntos (a maior puntuación de todos os centros participantes) , dirixida no noso caso ao alumnado de 2º da ESO , onde realizarán actividades STEM (Ciencia, Tecnoloxía, Enxeñería e Matemáticas) e así espertar a motivación do alumnado por estes ámbitos, en especial as rapazas. Paralelamente realizarán actividades culturais, deportivas e complementarias, todo fora do centro educativo, e que inclue aloxamento e mantenza gratuita. (http://www.edu.xunta.gal/portal/node/23327)

Robótica en Primaria

 O CPI de Atios , tamén é un dos 108 centros de todo Galicia, nos que se introducirá a Robótica en Primaria de xeito Curricular (4º de primaria) e Transversal en 5º e 6º de Primaria, en horario lectivo , grazas a que a Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria, dotará a estas aulas de 6 Kits de roboótica formados por 6 robots educaticos, 6 kits de construcción, guías didácticas e formación para o Profesorado.

O obxectivo desta convocatoria, é favorecer a iniciación do alumnado, xa desde idades temperáns, na experiencia de programación básica, robótica e construción. Este obxectivo, é o que persegue e se ven levando a cabo, nos 3 últimos cursos a través do “Obradoiro de Robótica” que se desenvolvía neste centro fora do horario lectivo ao abeiro dun “Contrato Programa” impartido por profesorado do centro de xeito voluntario e altruista. (http://www.edu.xunta.gal/portal/node/23317)

Lea también

Decomisados en Mugardos 167 kilos de vieira y los utensilios empleados para extraerlos ilegalmente

La Patrulla de Protección de la Naturaleza (Paprona) de la Guardia Civil en colaboración con …