Un mal tercer cuarto condena o Baloncesto Narón

Foto de plantilla antes del partido – Baloncesto Narón

O Baloncesto Narón volveu caer no segundo partido da Copa Galicia EBA, neste caso fronte o Santo Domingo de Betanzos, por 71-84, co que perde toda posibilidade de disputar a final da competición.

O encontro estivo igualado durante a primeira parte, que rematou con tres puntos de vantaxe para os pupilos de Miguel Maseda (40-37) logo de manter a renda que acadara no primeiro periodo (20-17). O conxunto local exhibiu unha maior cohesión e máis acerto ca no primeiro choque da competición -o domingo pasado contra o filial do Obradoiro-.

Con todo, na reanudación o Baloncesto Narón foi superado con contundencia polos betanceiros, que lle endosaron un 12-30 de parcial no terceiro cuarto. Con todo en contra e unha desvantaxe importante (52-67), os de Miguel Maseda botaron o resto e intentaron a remontada de todas as maneiras, mais a diferenza no inicio do periodo final era tan grande que o fixo imposible (71-84).

O Baloncesto Narón visita o domingo pola tarde ao Basquet Coruña no que será o seu último partido nesta edición da Copa Galicia EBA.

Lea también

La judoca June Moreno campeona del sector oeste del Cto de España Absoluto

El domingo 17 se disputó en La Coruña el Trofeo Teresa Herrera “Sector Oeste del …