O venres clausurouse o I Campus de Rugbi Vila de As Pontes

Foto de familia do campus – Xosé Ferreiro

(Xosé Ferreiro) Este venres pola mañá pechouse o primeiro Campus de Rugbi Vila de As Pontes que tivo lugar no Monte Medulio durante cinco días.

Os rapaces aprenderon nestas xornadas, e da man de membros do Fendetestas pontés, elementos técnicos e tácticos, a placar e percutir, posición, melés, rucks e o característico pase cara atrás. Tamén houbo contactos con outros deportes, como o fútbol gaélico e o tiro con arco, e visitas a Xaraleira e ó campamento urbán da Magdalena.

Coa visita de Aspanaes, a entrega de diplomas, e un partidiño final, puxose fin a este primeiro Campus onte sobre ás dúas da tarde.

Entregaron os diplomas, Toño Ferreiro, Presidente do Fendetestas, Jose “Cope”, de Matojoma, e os concelleiros Chicho Tembrás, Ana Pena e Antonio Alonso.

Tamén nesta derradeira xornada houbo unha visita de luxo por parte da xogadora boirense Vanesa Rial, que ven de xogar hai uns días coa Selección Española o Mundial de Rugbi a quince en Irlanda, Mundial que tamén xogou en Francia en 2014, modalidade na que foi Campiona de Europa en 2010. O ano pasado estivo en Río 2016 coa selección española de Rugbi a sete.

Lea también

El Baxi Ferrol organiza un viaje para la afición para vivir el derbi gallego en Lugo

El próximo domingo 22 de febrero se verán las caras Durán Maquinaria Ensino y el …