O X Torneo Dolce Vita Odeón 2017-Cidade de Narón terá lugar este sábado no Alto

Instante da presentación – Concello de Narón

O Centro Social do Alto do Castiñeiro acollerá o vindeiro sábado, día 9, o “X Torneo Dolce Vita Odeón 2017-Cidade de Narón”, organizado polo Concello e o Círculo Xadrez Narón. O edil de Deportes, Román Romero, presentou hoxe a convocatoria acompañado polo vicepresidente da entidade, Ricardo Tuimil, o tesoureiro e o secretario, Antonio Maseda e Juan Rodríguez, respectivamente. O evento enmárcase no “XII Circuíto Galego de Promoción” e as persoas interesadas en participar poden anotarse a través do correo electrónico: xadreznaron@hotmail.com ou do número de teléfono 650 165 086 indicando nome, apelidos, categoría e clube de procedencia, tal e como recordaron desde a organización.

O torneo disputarase nas categorías Sub8-Promesas, Sub10-Benxamíns, Sub12-Alevíns e Sub14-Infantís, en roldas de mañá (a partir das 11.00 horas) e de tarde (desde as 16.00). O aforo máximo é de cen prazas, que se cubrirán por orden de entrada das solicitudes. Así mesmo, haberá trofeos para os cinco primeiros postos de cada categoría.

Os representantes do Círculo Xadrez Narón agradeceron o respaldo do Servizo de Deportes do Concello de Narón para convocar este evento. Así mesmo, valoraron a cesión dun espazo no Centro Social do Alto do Castiñeiro, donde o clube desenvolve a súa actividade habitual e donde se organiza este ano por primeira vez o torneo.

Pola súa banda, o edil de Deportes de Narón, Román Romero, destacou a traxectoria do Círculo Xadrez Narón e tamén o feito de que este sexa o primeiro ano que se organiza un torneo destas características na cidade, unha proba previa ao Campionato do Mundo de Xadrez que terá lugar o vindeiro ano en Santiago de Compostela, tal e como recordou.

As persoas interesadas en recibir máis información poden consultar o blog do clube naronés: xadreznaron.wordpress.com.

Lea también

El Baxi Ferrol sigue con la flechita para arriba ante Movistar Estudiantes

Adán Puentes (X: @adanpuentes | IG: @adanpuentes89) Segunda victoria consecutiva y en poco más de …