Camila Alonso e Inés Santiago pechan o Europeo sub-23 cun cuarto posto no relevo mixto

Camila Alonso, Carmen Gómez e Inés Santiago en Humgría – Triatlón Ferrol

Camila Alonso e Inés Santiago quedaron a un paso do podio no Europeo sub-23 en relevos mixtos ao ser cuartas coa selección española.

Por ser as mellores a nivel individual coa 10ª praza de Camila Alonso e a 11ª de Inés Santiago foron elixidas para formar parte do cuarteto do relevo.

Comezou a máis nova das internacionais do Triatlón Ferrol. Santiago notou o esforzo ao sentirse sen forzas pero aínda así puido entregar o relevo entre as oito mellores seleccións. O galego Antonio Serrat remontou ata a terceira posición que mantivo unha forte Camila Alonso e foi na derradeira posta onde o equipo español viuse superado, quedando ás portas do podio da competición continental.

Lea también

El Racing de Ferrol busca la victoria en Riazor ante el Deportivo Fabril

Este sábado, a las 16.30 horas, el equipo de Javi Vázquez visita al Deportivo Fabril …