A Agrupación Instructiva Caamouco organizará campamentos de verán no seu centro

Cartel do campemento – Asociación Instructiva Caamouco

A Agrupación Instrutiva de Caamouco celebrará campamentos infantís durante este verán. A Sociedade apostou por un programa de actividades plural, no que a natureza, a tecnoloxía, o deporte e a creatividade son os protagonistas.

A iniciativa pretende ofrecer aos nenos e nenas un amplo programa de actividades coas que divertirse e aprender xogando. Deste xeito, a Agrupación Instrutiva pretende ser unha ferramenta facilitadora da conciliación laboral para os pais e nais durante o verán.

Baixo o título O tesouro de Caamouco, o campamento ofrecerá durante cinco semanas iniciativas moi atractivas. Entre as máis curiosas, salientan os experimentos científicos e actividades tecnolóxicas como robótica, programación de videoxogos, deseño e impresión 3D ou o uso de drons na propia horta da Tenencia. Segundo explican os monitores do proxecto, a filosofía do campamento baséase na «aprendizaxe significativa», isto é, aprender xogando, explorando e compartindo.

As inscricións poden realizarse en persoa (no local de Espacio Vivo -na rúa da Terra de Ferrol- e o día 25 de xuño de 11.00 a 12.00 horas no centro social da Tenencia) ou a través dos teléfonos 981 94 49 12 ou 608 06 52 76. O campamento comezará o 26 de xuño e finalizará o 31 de xullo.

– Horario de 10.00 a 14.00 horas de luns a venres.
– Servizo de madrugadores a partir das 08:30 horas da mañá (previo aviso e sen custo adicional)
– Tarifas: cada semana 50 € / As cinco semanas: 200 €
– Grupos reducidos: 8-10 participantes
– Peques: de 3 a 6 anos
– Maiores: de 7 a 12/13 anos

Lea también

Nueva edición en Valdoviño de Concilia Deportes Nadal

El Ayuntamiento de Valdoviño abre este lunes 2 de diciembre las inscripciones en una nueva …