Nove medallas para a Escola Javi Gómez Noya no Tríatlon de Menores de Sada

Rebeca Teijeiro tras gañar en Fene – Triatlón Ferrol

Especial éxito de equipo da Escola Javi Gómez Noya no Tríatlon de Menores de Sada ao conseguir medalla en cinco de oito categorías.

En benxamín, a canteira do Triatlón Ferrol sumou o ouro de Rebeca Teijeiro e o bronce do equipo masculino; en alevín, a vitoria de Sabela Caneiro propiciou que se colgase a prata por clubs, ao igual que fixo o conxunto masculino, e en infantil, o subcampionato de Alejandro Rodríguez e o bronce de Marcos Gómez facilitaron o triunfo do equipo na xeral, mentres que as súas compañeiras lograron o bronce por equipos.

Desta forma, a Escola Javi Gómez Noya prepárase para o campionato galego de tríatlon de menores que disputará como anfitrioa o 29 de xullo en Ferrol.

Lea también

109 participantes acuden ó XIX Torneo Cidade de Narón de Tiro con Arco

O pavillón polideportivo municipal da Gándara acolle este sábado 23, a décimo novena edición do …