Arranca o Torneo de Pádel Concello de Cabanas coa participación de 29 parellas

A área recreativa e deportiva da Veiga será escenario, a partires deste venres pola tarde, dunha nova edición do Torneo de Pádel Concello de Cabanas. 10 parellas na categoría feminina; 11 na masculina e 8 en mixto disputarán a competición organizada pola Concellería de Deportes.

A competición arrancará hoxe ás seis do serán e disputaranse partidos tamén o sábado a partir das 16,30 horas, así como o domingo. Por último, sinalar que o campionato de pádel de Cabanas continuará ao longo da próxima semana e as finais disputaranse o domingo 18.

Lea también

Club Arco Narón participa en el trofeo 35º Aniversario del Club Boa Vila

Este pasado sábado se ha celebrado en Pontevedra el Trofeo 35º Aniversario del club Boa …