Este sábado tendrá lugar la V Ruta Mini BTT Concello de Fene 2017

Instante dunha edición anterior – Concello de Fene

O Concello de Fene e o Club BTT Fene organizan a V Ruta Mini BTT (Bicicleta Todo Terreo) que terá lugar o vindeiro sábado, 3 de xuño, a partir das 17.00 horas na zona verde municipal ubicada fronte ao pavillón polideportivo da Xunqueira, a carón do Paseo Marítimo de San Valentín.

A actividade está dirixida a nenos e nenas de 5 a 14 anos, non ten carácter competitivo e para participar na mesma é preciso contar con bicicleta e casco. A ruta realizarase nun circuíto cun percorrido de 410 metros, ao que se lle darán máis ou menos voltas en función da categoría (idade ou aula) dos participantes.

Ao remate de cada ruta, todos os/as participantes recibirán unha medalla e ao finalizar a actividade sortearase unha bicicleta entre todos os asistentes.

Os interesados en participar nesta V Ruta Mini BTT poden formalizar a súa inscrición hoxe, 31 de maio, ou mañá, 1 de xuño, no Departamento de Cultura e Deportes do Concello de Fene (teléfono 981 340 366) ou o mesmo día da actividade, o sábado 3 de xuño, en San Valentín, de 16.00 a 16.45 horas.

A proba comezará ás 17:00 horas e calcúlase que terá unha duración aproximada dunha hora, polo que rematará sobre as 18.00 horas.

Lea también

109 participantes acuden ó XIX Torneo Cidade de Narón de Tiro con Arco

O pavillón polideportivo municipal da Gándara acolle este sábado 23, a décimo novena edición do …